O Concello da Pobra retoma os programas de monitorado de Madruga e Comedor na súa aposta pola conciliación das familias

28 Agosto 2025

A Concellería de Igualdade da Pobra do Caramiñal quere reafirmar, un ano máis, a súa aposta pola conciliación familiar dos veciños e veciñas do municipio co próximo lanzamento e inicio dos servizos de monitorado de Madruga e Comedor. Ambas prestacións estarán dispoñíbeis desde o luns, 8 de setembro, e ata o mes de xuño.

As persoas interesadas en facer uso de calquera dos programas deberán anotarse previamente entregando a ficha de inscrición cuberta e asinada con dous días hábiles de antelación ao inicio do servizo. Deste xeito, se unha familia precisa destes programas o primeiro día do curso escolar 2025-2026, deberá entregar a documentación, como máximo, o mércores, 3 de setembro. A solicitude estará dispoñíbel ao longo de todo o curso pero esta deberá facerse, en todo caso, con dous días hábiles de antelación.

A documentación poderá entregarse a través da sede electrónica (instancia xeral), de forma presencial no servizo de Igualdade e, ao longo do período lectivo, ao monitorado do Madruga e Comedor. A inscrición poderá realizarse tanto por mes natural completo como por medio mes, días soltos ou por días esporádicos.

O Concello mantén os mesmos prezos que en convocatorias anteriores, aplicándose un desconto do 50% para segundos irmás e unha bonificación do 100% para o terceiro fillo/a. As tarifas serán as seguintes:

No mes de setembro e xuño:

– 8,40 euros por mes completo cunha hora de atención ao día.

– 11,20 euros por mes completo con máis dunha hora de atención ao día.

No resto de meses do curso escolar:

– 12 euros por mes completo cunha hora de atención ao día.

– 16 euros por mes completo con máis dunha hora de atención ao día.

– 8 horas por atención de dúas semanas e unha hora de atención ao día.

– 12 euros por dúas semanas con máis dunha hora de atención ao día.

Para días soltos e puntuais, as tarifas serán de 2 euros por unha hora de atención e 2,5 euros por máis dunha hora de atención.

As persoas interesadas poderán chamar ao 981 832 764 (extensión 6) ou escribir un correo electrónico a igualdade@apobra.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.