Ribeira acollerá este sábado o IV Campionato Infantil de Cazafotosub en Río Azor

27 Agosto 2025

Ribeira continúa a consolidarse como referente na modalidade de mergullo Cazafotosub, unha disciplina que gaña adeptos ano a ano. Boa mostra disto é a celebración do cuarto Campionato Infantil de Cazafotosub, que terá lugar este sábado, 30 de agosto, na praia de Río Azor, entre as 10:30 e as 13:30 horas.

Na presentación do evento participaron o concelleiro de Deportes, Xabier Vidal; o secretario do Club Subacuático Sotavento, Héctor Costa; así como os membros da entidade José Ayer e Fernando Quintela.

O campionato está organizado pola Federación Galega de Actividades Subacuáticas (FEGAS), en colaboración co Club Sotavento e o Concello de Ribeira. A proba está dirixida a nenos e nenas de ata 16 anos, que mergullarán acompañados dun adulto para capturar coa cámara submarina a mellor instantánea dos peixes que habitan nas augas cristalinas da praia ribeirense.

A diferenza do campionato absoluto, a cita infantil non é puntuable. O seu obxectivo é achegar este deporte aos máis pequenos e sensibilizalos sobre o medio mariño e a súa conservación.

O concelleiro de Deportes destacou que o Concello seguirá apoiando esta iniciativa “porque vai destinada á mocidade menor de 16 anos e parécenos primordial fomentar actividades para esta franxa de idade, ao tempo que se lles dá a oportunidade de coñecer e respectar o mar”. Vidal agradeceu tamén a colaboración do GAEM, que achegará unha zodiac o día da proba para reforzar a seguridade.

Pola súa parte, Héctor Costa agradeceu ao Concello o seu apoio continuado e puxo en valor o enclave escollido, lembrando que en 2017 Río Azor acolleu o Campionato de España, no que se chegaron a rexistrar imaxes de máis de 50 especies diferentes. “É un emprazamento resgardado, seguro e cunha gran diversidade mariña”, subliñou.

A organización anima á veciñanza a achegarse á praia de Río Azor este sábado para gozar dunha xornada que combina deporte, natureza e concienciación ambiental.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

Los forenses han identificado las últimas víctimas de Urda, Toledo. La señora muerte guadaña pilló impensadamente el pasado 28 de octubre a sesenta y nueve de los nuestros. Me ha electrizado admirar la variedad de  personalidades.   En noviembre se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.