A Deputación impulsará a mellora da céntrica rúa Cristóbal Colón en Ribeira

27 Agosto 2025

O vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, visitou na mañá deste 27 de agosto o concello Ribeira, onde se reuniu co alcalde, Luís Pérez Barral, e parte da Corporación municipal, para abordar diferentes proxectos que contarán co apoio da entidade provincial. Un deles é a mellora da accesibilidade na rúa Cristóbal Colón, entre a rúa Lugo e a rúa Eduardo Pondal e, o outro, a cesión dun tractor por parte da Deputación para facilitar os labores de limpeza no concello, especialmente nas zonas rurais.

Regueira salientou que durante a reunión abordáronse temas importantes para o Concello de Ribeira “dos cales tomamos boa nota para tratar de resolvelos canto antes”. Ademais do convenio para a mellora da rúa Cristóbal Colón, tratouse a cuestión do turismo: “Foi unha boa tempada para o Concello pero tamén hai retos que temos en toda a provincia como é o do autocaravanismo. Neste sentido, dende a Deputación estamos traballando nun programa piloto que aporte solucións”. O vicepresidente apuntou tamén que “falamos moito de estradas, e tamén de futuro. Vemos con preocupación o que está pasando nos nosos montes, e por iso estamos estudando a maneira de impactar dun xeito positivo nos servizos de prevención”.

Pola súa banda, o alcalde agradeceu “a boa disposición do vicepresidente para axilizar o convenio que permita a renovación integral dunha rúa moi céntrica que precisa unha intervención forte”. Tamén se referiu á petición “para mellorar o mantemento das parroquias, pois o noso servizo de rozas precisa dun novo tractor” e ao estado das estradas provinciais, “é moi necesario un proxecto para mellorar a súa seguridade viaria”. Pérez Barral salientou “a unión entre ambas institucións”, que “permite mellorar a vida da veciñanza e a calidade dos servizos públicos do concello de Ribeira, polo que queremos agradecer o compromiso da Deputación con Ribeira e cos veciños e veciñas do rural”.

O convenio entre Deputación e Concello para a obra da rúa Cristóbal Colón facilitará esta actuación nos prazos previstos, en beneficio da calidade de vida da veciñanza, consolidando así a boa cooperación entre o Concello de Ribeira e a Deputación da Coruña. A entidade provincial aportará 214.372 euros, que supoñen o 80% do orzamento total de execución, e o Concello os 53.593 euros restantes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.