Comeza a conta atrás para a XVII edición do Festival Rock in Rian

27 Agosto 2025

O Festival Rock in Rian chega os días 5 e 6 de setembro á súa XVII edición. A Asociación Cultural Festival Rock in Rian organiza este relevante acontecemento musical e cultural que pon o foco na música en galego pero con alcance internacional. Celebrarase no parque da Galicia de Rianxo

A banda Boikot e os portugueses Kumpaia Algazarra forman parte dun cartel no que tamén destacan as actuacións de Dakidarría ou Rebeliom do Inframundo. A Banda da Loba, Lisdexia, High Paw, Nadie González, Collón de Lola estarán tamén no parque da Galiza de Rianxo os días 5 e 6 de setembro, xunto con DJ Rapante, La Duendeneta e Maruxa e Coralia.

O festival contará tamén coa actuación de The Twinpims, unha banda de rock procedente de Vigo, gañadores do IV Concurso de Bandas Emerxentes organizado pola asociación co obxectivo de que bandas noveis compartan palco con outras xa consolidadas. Como noutras ocasións, completan o cartaz os grupos locais Buxaina, Fogo Fatuo, Vai de Roda e Rio de Anxo.

O Festival Rock in Rian sae tamén á rúa con actuacións polas rúas do pobo tanto o venres como o sábado. Haberá pasabares, espectáculos de rúa, clasificatoria da Liga CeibaRimas 2025… Ademais, contará cunha zona de acampada gratuíta, un espazo gastronómico e unha feira de artesanía.

As entradas están xa á venda en www.festivalrockinrian.gal, tanto o abono de dous días como as entradas por días. A liña de roupa oficial do festival 2025 está dispoñíbel nas mesas da Asociación que se instalan en Rianxo en datas sinaladas.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.