A Xunta convoca os Premios do Comercio Galego 2025

26 Agosto 2025

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, presentou este martes 26 de agosto os detalles dos Premios do Comercio Galego 2025, un certame que recoñece os profesionais do sector e o seu pulo transformador-innovador. Fíxoo en Pontevedra, no transcurso dunha visita a cinco negocios beneficiarios das axudas para o impulso da innovación e sustentabilidade do comercio local e artesanal, dotadas este ano con case 4 millóns de euros.

En concreto, o director xeral estivo en Juncal Alimentación, na xoiería Oliva Ouro, na xeadería Stromboli e nas carnizarías JM Gourmet e Macario Carniceiros. Todos eles forman parte dos 664 comercios de proximidade e 64 obradoiros inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia que poderán impulsar a súa dixitalización, innovación e sustentabilidade grazas ao apoio da Xunta.

Estas tres liñas da convocatoria (compatíbeis entre si) enmárcanse, segundo destacou Alén, “no Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030, co afán de apoiar o sector na adaptación ás tendencias de consumo coa introdución de tecnoloxías que lles permitan conectar coas necesidades do cliente e mellorar a imaxe e os equipamentos dos establecementos”. Tamén buscan avanzar no compromiso ambiental e na eficiencia, engadiu.

Alén lembrou que entre as diferentes medidas para impulsar a competitividade do sector —o primeiro dos eixes do Plan estratéxico— o documento contempla accións pioneiras como a creación de espazos de demostración tecnolóxica para os comerciantes nos recintos feirais de Galicia, a aposta pola modernización dos espazos comerciais como ferramentas atractivas de venda en si mesmas ou o incremento da capacitación profesional, coa posta en marcha, por exemplo, de microformacións dixitais en temáticas moi específicas de interese para o día a día dos negocios ou dun plan de formación para os xerentes dos centros comerciais abertos e prazas de abastos.

O director xeral destacou ademais que o DOG publica este 26 de agosto a convocatoria e as bases reguladoras dos Premios do Comercio Galego 2025. O obxectivo destes galardóns é “recoñecer o labor dos profesionais do sector comercial e contribuír á súa difusión como panca para o desenvolvemento económico e social das vilas e cidades galegas”.

Os establecementos interesados en optar aos premios poderán presentar as súas candidaturas desde mañá e ata o próximo 26 de setembro. Poden resultar recoñecidos en cinco categorías: Premio Comercio Galego 2025, dotado con 5.000 euros; Premio Comercio Traxectoria 2025, ao que lle corresponden 3.000 euros; Premio Comercio Emprende 2025, distinguido con outros 3.000 euros; Premio Comercio Dinamización 2025, cunha contía de 5.000 euros; e Premio Comercio Sostible 2025, con 3.000 euros.

A convocatoria enmárcase na aposta da Xunta por “un sector comercial forte, moderno e competitivo capaz de adaptarse ás novas tendencias e demandas dada a súa importancia como xerador de riqueza e emprego, así como vertebrador do territorio”, sinalou.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.