Os bombeiros de Boiro e Ribeira proseguen a loita contra o lume na Pobra do Brollón e máis en Quiroga (provincia de Lugo)

26 Agosto 2025

Os equipos dos parques de bombeiros de Boiro e Ribeira (Consorcio Provincial Antiinciencios) volveron esta semana a traballar nos montes do interior de Galicia para tentar sufocar os novos lumes que seguen a devastar os bosques de Ourense e Lugo. Desta volta foron requiridos este luns 25 de agosto para traballar no incendio declarado no concello da Pobra do Brollon, na provincia de Lugo, na contorna do Courel e da Ribeira Sacra.

Respecto deste martes 26 e segundo veñen de informar os bombeiros do Barbanza nas redes sociais, a pasada noite foi unha “noite de traballo intenso no núcleo de Freixeiro no concello de Quiroga, na provinca de Lugo”. Esta mañá está programado o relevo de persoal do Consorcio da Coruña, con novos bombeiros en tempo libre.

Os bombeiros de Ribeira e Boiro explicaron que foi “outra noite complicada” pero “estamos pero satisfeitos do traballo realizado e de poder seguir axudando na loita contra os lumes”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.