Un roteiro nocturno une o Abrigo das Cruces coa Laxe das Rodas en Louro

25 Agosto 2025

O Concello de Muros vén de poñer en marcha unha das novidades da programación turística deste verán: un roteiro nocturno que enlaza a estación de arte rupestre do Abrigo das Cruces coa coñecida Laxe das Rodas, en Louro.

A actividade, organizada pola Concellaría de Turismo de Muros, busca ampliar a oferta de visitas guiadas e poñer en valor o patrimonio histórico do municipio.

“A nosa intención é dar a coñecer a riqueza patrimonial do noso concello. A novidade deste ano foi ampliar o roteiro da Laxe das Rodas incluíndo a visita ao Abrigo das Cruces, situado a escasos 500 metros, e que é unha das paradas máis demandadas tanto polos visitantes como pola propia veciñanza”, explica a concelleira de Turismo, Caridad González.

O programa de visitas guiadas complétase co percorrido polo Conxunto Histórico de Muros, que se realiza todos os martes de xullo e agosto ás 11.30 horas, e coa ruta nocturna pola vila prevista para o venres 29 de agosto.

As prazas son limitadas, polo que é preciso inscribirse previamente chamando ao 981 826 050 (extensión 2) ou acudindo á oficina de turismo.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.