Esta “finde” celébrase a XXIX edición da Regata Cenor, Trofeo Concello de Boiro

21 Agosto 2025

Esta fin de semana, o sábado 23 de agosto e o domingo 24, o Club Náutico de Barraña e o Club Náutico Portonovo, coa Federación Galega de Vela, organizan a XXIX edición da Regata Cruceiro Cenor – Trofeo Concello de Boiro.

A regata está dividida en catro categorías, dúas para barcos ORC, solitario e clásicos e veteranos. O percorrido é dunhas vinte millas de ida e outras tantas de volta. A regata sairá do Náutico do Portonovo para chegar a Barraña o sábado pola tarde e volverá saír do Náutico de Barraña cara Portonovo o domingo pola mañá.

O alcalde, José Ramón Romero, participou este xoves 21 na presentación xunto con Javier Ruiz de Cortázar, presidente do náutico de Portonovo, e Jesus Babío, presidente do Náutico de Barraña.

Como dixemos, a proba está dividida en tres categorías: para barcos ORC, solitario e clásicos e veteranos. “É unha regata autonómica e unha das mais emblemáticas de Galicia que hai 20 anos que se celebra e xa leva case dez vindo a este náutico de Barraña”, afirmou Cortázar.

Está prevista a participación dunhas 22 embarcacións e máis de 60 persoas que chegarán o sábado a Boiro e participarán neste Trofeo Concello de Boiro. “Para o Náutico de Barraña é unha satisfacción acoller esta regata unha vez máis no noso náutico”, recoñeceu Jesús Babío.

O alcalde, José Ramón Romero, agradeceu aos dous náuticos a súa implicación na organización desta cita que se repite ano tras ano e comprometeu a colaboración do Concello de Boiro “en seguir apostando polo deporte da vela e o turismo náutico no noso concello”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.