Este xoves 21, nova concentración pola calidade da sanidade pública no Centro de Saúde de Ribeira

21 Agosto 2025

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública no Barbanza vaise concentrar novamente este xoves 21 de agosto ao mediodía, a partir das 12.00 no Centro de Saúde de Ribeira. O obxectivo será esixir a cobertura do cen por cen das prazas do persoal dos ambulatorios de Ribeira e Aguiño.

A axenda inclúe a lectura de manifestos en defensa dun sistema sanitario público, universal e de calidade, que porán o foco na precariedade do servizo sanitario na comarca do Barbanza, que, segundo denuncian dende a plataforma, “levan anos sufrindo falta de medios e persoal” e 2precisan medidas urxentes da Consellería de Sanidade para emendar unha situación, de por si crítica, que se agrava estas semanas de xullo e agosto coa chegada da poboación turista”.

Entre as principais queixas figuran a falta de médicos de familia, o colapso nas citas de atención primaria, a redución de servizos no hospital comarcal e a precariedade laboral do persoal sanitario. Os manifestantes tamén esixiron máis recursos para a atención á saúde mental e unha maior cobertura nos centros periféricos.

Outros artigos

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.