A Xunta avanza no estudo dunha senda peonil e ciclista en Outes

17 Agosto 2025

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas da Xunta de Galicia está a avanzar no estudo para a construción dunha senda peonil e ciclista na estrada AC-550, ao seu paso polo concello de Outes.

O proxecto contempla un itinerario de preto de 2,3 quilómetros de lonxitude, entre os puntos quilométricos 62+120 e 64+410, que conectará o Cruceiro de Roo co núcleo urbano do municipio. O obxectivo é mellorar a mobilidade sostible e ofrecer unha alternativa segura para desprazarse a pé ou en bicicleta.

A senda deseñarase segundo os criterios do Plan de Sendas de Galicia, cun ancho de 2,5 metros que garantirá as condicións de accesibilidade, ademais dun pavimento en cor para maior visibilidade.

Infraestruturas prevé dispoñer antes de finais de ano do proxecto técnico, que será sometido á supervisión e ao trámite de información pública, necesario para os efectos expropiatorios. As obras estarán financiadas con fondos europeos FEDER do período 2021-2027.

Este estudo forma parte do contrato da Xunta para a redacción dos proxectos da segunda fase do Plan de Sendas de Galicia nas provincias da Coruña e Lugo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fallos de bondade”. José A. López Silva

“Fallos de bondade”. José A. López Silva

En maio de 2013, a Universidade de Syracuse, no estado de Nova York, encargoulle pronunciar o discurso para os seus graduados a un dos profesores do claustro, o escritor George Saunders, que catro anos despois gañaría o Booker británico con Lincoln en el Bardo, unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.