Portosín celebrou esta fin de semana as Festas do Carme con música, tradición e festa para todas as idades

17 Agosto 2025

Portosín celebrou unha fin de semana intensa con motivo das Festas do Carme, que combinou tradición mariñeira, actividades para a rapazada e verbena. A conselleira do Mar, Marta Villaverde, participou na celebración da festividade do Carme de Portosín.

O sábado comezou cunha ruada matinal a cargo de Canlebó, seguida ao mediodía por Alambique. Ás 13.00 horas tivo lugar a XXXV Festa da Exaltación da Sardiña Azul, un dos actos máis emblemáticos da celebración. Pola tarde disputouse unha regata de remo entre o Club Náutico e a Confraría, e arrancaron os xogos para a rapazada, con inchábeis, xogos populares, pintacaras, cucañas con premios e festa da escuma. A xornada remataou coa verbena nocturna amenizada pola Orquestra New York e a Discomóbil Impacto.

O domingo celebrouse a procesión desde a Igrexa de Portosín, seguida da misa na honra da Virxe do Carme no peirao. Xa pola tarde,celebrarouse a tradicional procesión marítima. A festa culminará coa verbena da noite, protagonizada pola Orquestra París de Noia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.