Ribeira celebra este sábado o San Roque na súa capela da Granxa de Carreira

15 Agosto 2025

A romaría de San Roque no lugar da Granxa na parroquia de Carreira de Ribeira, sempre foi unha das festividades máis celebradas sobre todo para aqueles veciños da zona de Carreira, Frions, Ribeira e arredores. Este sábado ten lugar unha secular romaxe que se remonta a varios séculos e que congrega a centos de veciños. A parroquia celebrará misas o logo da mañá e tarde na que acudirán devotos do popular santo.

A Capela de San Roque da Granxa: séculos de fe e historia

A devoción a San Roque no lugar da Granxa conta cunha longa tradición que se remonta, cando menos, ao ano 1505, segundo recollen antigos documentos parroquiais. Nesas datas xa se lle rendía culto ao santo nunha primeira capela, hoxe desaparecida e de localización descoñecida.

O paso dos séculos non fixo desaparecer esta veneración. Así, no ano 1679, o párroco D. Lorenzo Dono Taboada fundou oficialmente a Capela de San Roque da Granxa, así como a confraría adicada ao santo protector contra pestes e epidemias, tan temido e invocado naquela época. Este feito consolidou o lugar como punto de encontro espiritual e comunitario.

A capela, tal e como a coñecemos hoxe, é froito dunha reconstrución realizada a comezos do século XX pola familia Correa, propietarios do edificio. Antes desa obra, o templo estivera moitos anos en estado de abandono, chegando a quedar sen tellado e co interior cuberto de silveiras. Esta situación xa quedara rexistrada nunha anotación do libro de fábrica parroquial de 1816, que recollía as consecuencias dun prolongado preito entre os veciños de Santa Uxía e os de San Paio polos lindes parroquiais. Finalmente, a disputa resolveuse a favor de San Paio, pero a capela sufrira décadas de desatención.

A restauración acometida pola familia Correa devolveu a dignidade ao templo, que se mantivo en bo uso ata mediados do século XX, cando precisou novas intervencións. Nos anos 60, a capela foi restaurada de novo, adaptándoa ás necesidades do culto e preservando o seu valor histórico.

Hoxe, a Capela de San Roque da Granxa segue a ser un símbolo de identidade relixiosa e patrimonial, testemuña de cinco séculos de fe e historia que unen xeracións de veciños arredor da figura de San Roque.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.