José Antonio Ventoso presenta en Ribeira a súa novela “O mar goberna de oeste”

13 Agosto 2025

O escritor ribeirense José Antonio Ventoso (1954) presentará este xoves, ás 20.00 horas, no Museo Municipal de Ribeira, o seu último libro O mar goberna de oeste, unha novela histórica que rende homenaxe aos pescadores artesáns e á emblemática dorna.

A obra narra o último día de faena dun vello mariñeiro que, tras sufrir un ataque ao corazón en alta mar, revive os recordos de toda unha vida ligada ao océano. Ventoso reivindica con este relato a memoria, o esforzo e o legado de quen “levantou a ría de Arousa e a de Muros-Noia co seu traballo humilde, o seu saber e o seu risco, sen axudas e sen poñerse de xeonllos”.

Autor de 16 títulos que abarcan teatro, poesía, narrativa e ensaio, Ventoso iniciou a súa carreira literaria de forma tardía, como vía de escape a #o #estrés da política. Entre as súas obras destaca Heroes na néboa (2019), dedicado a figuras históricas do fútbol ribeirense.

Cunha traxectoria profesional marcada pola educación —foi profesor e director do CIFP Coroso— e o política —alcalde de Ribeira e parlamentario autonómico—, Ventoso afronta agora a súa xubilación dedicado plenamente á escritura. Sobre a súa nova obra afirma: “Con este libro pecho un círculo”, aínda que xa ten outros textos esperando a súa quenda no caixón.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.