A praia de Carragueiros será o sábado escenario da VIII Travesía a Nado Illa da Bensa

12 Agosto 2025

O Concello de Boiro colabora co Club de Natación Boiro na VIII Travesía a Nado Illa da Bensa, que terá lugar o vindeiro sábado 16 de agosto na praia de Carragueiros. Na presentación, que tivo lugar este martes 12 no Consistorio, estiveron o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo; o director técnico do Club de Natación Boiro, Brais Nieto; e a directora de Relacións Institucionais de JEALSA (patrocinadora da proba), Margarita Hermo.

A cita forma parte do XXI circuíto galego DOP Arzúa-Ulloa de Augas Abertas e constará de tres circuítos distintos. Un deles será de 3.500 metros para as categorías absolutas, máster e infantil; outro de 1000 metros para os amateur, afeccionados e alevín e unha de 200 metros. O director técnico do club agradeceu “a todas as empresas e entidades colaboradores con esta travesía e co club de natación para seguir levando a diante a súa actividade deportiva”.

A directora de Relacións Institucionais de JEALSA, Margarita Hermo, animou á veciñanza a desfrutar desta proba que “se celebra nun entorno marabilloso como é Carragueiros e que é moi atractiva”. O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, felicitou ao club polo gran traballo que desenvolven “nesta proba e en toda a súa actividade deportiva ao longo do ano colleitando numerosos éxitos por parte dos nosos rapaces e rapazas nas distintas categorías.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.