O Concello de Ribeira reforza a seguranza viaria na avenida de Ferrol e na rúa Lepanto

12 Agosto 2025
Actuacións na avenida de Ferrol

O Concello de Ribeira executou unha actuación na avenida de Ferrol consistente na mellora da sinalización previa aos pasos de peóns mediante a instalación de redutores de velocidade. Esta intervención tamén se fixo extensíbel á rúa Lepanto, onde se marcaron as liñas de borde e foron habilitados redutores de velocidade co obxectivo de “reforzar a seguranza das persoas peóns”.

O alcalde, Luís Pérez Barral, subliñou que “estas medidas responden ás peticións da propia veciñanza das zonas nas que se actuou, que nos trasladou a súa preocupación pola velocidade dos vehículos e o risco que isto supoñía para a seguridade viaria”. Engadiu ademais que “desde o Concello estamos comprometidos co obxectivo global de vítimas cero na estrada. Cada acción que realizamos busca reducir riscos, evitar accidentes e acadar o obxectivo de salvar vidas, por iso imos seguir actuando onde sexa necesario”.

Estas novas intervencións súmanse a outras xa executadas no centro urbano, como a mellora da seguridade viaria na rúa Romero Ortiz coa reparación de lousas e instalación de resaltos, a mellora da iluminación en pasos de peóns na avenida da Coruña e a mellora da conexión da praza do Centenario coa rúa Otero Pedrayo e a praza do Concello.

“Con este conxunto de actuacións, o Concello de Ribeira continúa avanzando na creación de espazos urbanos máis seguros e accesíbeis para toda a veciñanza, poñendo especial atención ás persoas peóns e ás zonas de maior tránsito”, engadiu o rexedor.

Actuacións na rúa Lepanto

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.