Esta “finde” celébrase en Outes unha nova edición da Feiriña

12 Agosto 2025

A nova edición da Feiriña de Outes, a VI Feira de Comercio Local de Outes, virá este mes de agosto con dous días de actividade: o sábado 16 e o domingo 17 de agosto na rúa da Capela. Será novamente unha cita co comercio de proximidade e cos produtos da nosa terra. Haberá produtos (principalmente) de gastronomía, produtos locais e artesanía, aínda que tamén cultura (libros), téxtil, maquinaria agrícola, coidados e saúde ou hostalería. O programa, ademais da actividade comercial e divulgativa dos postos, inclúe concertos, exposicións e animación infantil (inchábeis). Tamén haberá servizo de polbeira e hostalaría, ademais de foodtrucks, churrería e xeados. A axenda tamén abrangue obradoiros de artesanía e infantís.

A Feiriña vén da man do Concello de Outes e encádrase no seu obxectivo de dinamizar a economía local poñendo o foco no comercio de proximidade e coa intención de fomentar o produto local.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.