Comeza a conta atrás para as Festas do Carmen de Esteiro

11 Agosto 2025

Esteiro celebra esta semana as Festas do Carmen,

O día grande será o venres 15 agosto, festividade en Esteiro da Virxe do Carme, no que se recupera a procesión marítima con ofrenda floral aos mariñeiros. Despois, a final do Campionato de Barrios.

A presentación do programa das festas correu a cargo, por parte da Comisión de Festas Santa Mariña, do seu presidente, Adán Montes, Ana Mayo, Brais Fernández e José “O Rabelo”.

Por parte do Concello de Muros, estiveron a alcaldesa en funcións, Laura Rivadeneira, a concelleira de Igualdade, Maruxa Martínez, e o concelleiro de Deportes, Damián Torea.

Haberá ruadas, orquestras, presentacións, sesión vermú e o Día do Neno o domingo 17 de agosto.

A festa comeza o xoves 14 cunha gran verbena nocturna a cargo de Discomóbil Impacto e DJ Bermúdez. Ao día seguinte haberá ruada de mañá con Agrocovo e Xeitura de Esteiro e ás 12.30 horas misa solemne na honra da Virxe do Carme cantada polo Corro Parroquial de Esteiro. A continuación celebrarase unha procesión e bailes tradicionais no adro da igrexa, seguido dunha sesión vermú co Grupo Jaque. Ás 18.00 horas celebrarase a procesión marítima acompañada pola Banda de Música de Caamaño. Ás 20.00 horas celebrarase a final do Campionato de Barrios e pola noite actuarán Jaque, Discomóbil Impacto e DJ Nian.

A xornada do sábado comezará ás 10.45 horas cun funeral polos falecidos na parroquia, cantado pola Coral Santa Mariña de Esteiro. Ás 14.00 horas haberá unha sesión vermú coa Orquestra Sinfonía. Ás 19.00 horas presentarase o libro Deportivo Esteirano na Casa da Soiedade e pola noite haberá verbena con Sinfonía e Discomóbil Super Fabric e DJ Risco.

O domingo 17 celebrarase o Día do Neno. Haberá festa da escuma entre as 17.00 e as 18.00 horas. Será de balde.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.