O Concello de Boiro desaconsella o consumo de auga en fontes públicas para previr contaxios

14 Abril 2020

Ante a imposibilidade de garantir ao cen por cen a protección contra a pandemia en materia de consumo de auga nas fontes públicas e atendendo ás recomendacións da Consellería de Sanidade, o Concello de Boiro emitiu hoxe un comunicado no que desaconsella o abastecemento de auga neste tipo de infraestruturas, co gallo de “evitar posíbeis contaxios por coronavirus mentres dure a crise sanitaria”. Os operarios municipais colocaron a carón dos pichos de auga de meirande uso carteis informativos para alertar á cidadanía dos riscos.

Segundo explica o Concello, os métodos que se seguen para o tratamento da auga potábel que chega aos fogares eliminarían ou inactivarían o virus COVID-19 no caso de que se detectase pero quedarían sen efecto no caso das fontes públicas, ao ser instalacións nas que é habitual o contacto coas mans ou a boca. Polo tanto, explica o Goberno boirense, “non é posíbel garantir a ausencia de COVID-19 na superficie das billas ou outros elementos”.

O Concello tamén lembra que as autoridades sanitarias seguen mantendo a vixilancia e control dos abastecementos de auga de consumo humano, garantindo que chega aos consumidores “cumprindo cos criterios de calidade establecidos”.

Amais, en todas as fontes tratadas do municipio se seguen a realizar os mesmos tratamentos e accións correctoras e de mantemento que se levan a cabo nos procesos de tratamento da auga.

Para previr contaxios, o Concello de Boiro limitou os accesos a fontes públicas situadas en paseos e parques e advirte de que non se utilicen estas formas de abastecemento mentres dure a crise sanitaria.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.