Comezan as Festas de San Salvador en Comoxo, Boiro

08 Agosto 2025

Este venres 8 de agosto comezan as Festas de San Salvador de Comoxo, en Boiro, logo das misas dos días 6 e 7, organizadas pola Asociación de Veciños de Comoxo en colaboración co Concello de Boiro.

O venres 8 haberá festa musical nocturna, a partir das 23.00 horas, con Mario DJ, Marcos Magán e DJ Goro.

O sábado 9 a festa arrincará con dianas e alboradas a cargo de Arume e proseguirá cunha misa solemne por San Salvador ás 12.00 horas. A sesión vermú virá da man do Trío Blanca Doble. Máis tarde haberá pinchos variados e pola noite verbena ás 22.30 horas con Trío Blanca Doble e Trío Arena.

O domingo 10 comezará coas dianas e alboradas de Os Xeitosiños e logo haberá unha misa solemne pola Virxe do Carme ás 13.00 horas. A sesión vermú virá da man de Open Drink. Haberá pinchos variados.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.