Este sábado arrinca a 44ª edición da Romaría de Neixón

07 Agosto 2025

Este venres 8 de agosto comeza a Romaría de Neixón (44ª edición), en Boiro, que está previsto que se desenvolva ata o domingo 10. Arrincará este venres coa VII edición do Serán Tradicional, a partir das 21.00 horas. Actuarán Os Pequenos do Barbanza, Nunca é Tarde, Abeloura, Cantareiras Mar de Cabo, As da Bonia, Esroupele, AC Retranqueiros, Arrancadeira, As Garridiñas e Xodó. Haberá sorteos ao longo da noite e degustación de callos e rosca. Ao rematar haberá foliada libre.

Ao día seguinte, sábado 9 de agosto, haberá pola noite (a partir das 21.30 horas) unha verbena con Duo Platino e a Orquestra Bamboleo, seguidos de Chocolate Disco Móbil. A noite do sábado virá cunha mexiollada ao longo da noite.

O domingo 10 de agosto comezará cunha gran sardiñada e unha comida campestre. Haberá polbeiro (Arenteiro do Carballiño) e mercado de artesanía. Ás 11.45 horas celebrarase unha procesión polos núcleos de Quinteiro e Nine e ás 13.00 horas celebrarase unha misa na honra da Virxe do Carme e de San Xosé, cantada polo Coro San Vicente de Cespón. Ao remate da misa haberá bailes tradicionais a cargo de Abeloura, e, tamén, gaitas pola mañá e pola tarde a cargo de Os Pequenos de Barbansa, Trécola e O Ar de Loureda. A partir das 20.00 horas, tardeo con Minimo Eventos e máis sorteos.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.