Unha trintena de nenos e nenas desfrutan do Campamento Xuvenil e Infantil do Concello de Brión en Porto do Son

07 Agosto 2025

Unha trintena de nenos e nenas de Brión, de idades comprendidas entre os 9 e os 16 anos, participan estes días no Campamento Xuvenil e Infantil do Concello de Brión en Porto do Son. Unha iniciativa de conciliación e de lecer na que participan todas as familias que así o solicitaron.

Uns campamentos que se desenvolverán ata o vindeiro 12 de agosto baixo unha temática celta, que distribúe á rapazada en diferentes clans que conviven e compiten nunha experiencia marcada pola aventura, o contacto permanente coa natureza e o espírito de equipo.

Así, durante estas primeiras xornadas desfrutaron dunha travesía a bordo do balandro Joaquín Vieta, unha ruta en caiac polo porto do Freixo, unha visita ao estaleiro de Cibrán, unha xornada de xogos na praia de Broña e unha ruta de sendeirismo, a dos Carpinteiros dos Pes Mollados, ademais dunha mergullada (literalmente) na Aventura Snorkel na praia urbana de Porto do Son.

A maiores, o grupo xuvenil tamén gozou dunha xornada de iniciación ao paddle surf e de visitas á praia de Aguieira e á área recreativa do Loreto.

Durante os próximos días continuarán con probas, xogos e actividades nunha experiencia chea de diversión, compañeirismo e aprendizaxe.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.