Ribeira saca a licitación o contrato de iluminación das festas por máis de 500.000 euros

06 Agosto 2025

O Concello de Ribeira iniciou o proceso de licitación para a subministración, instalación e mantemento da iluminación de Nadal, así como doutras festividades como o Entroido, as Festas do Verán e as Festas de Santa Uxía. O orzamento total previsto para este proxecto ascende a 524.172 euros.

O contrato divídese en dous lotes: un correspondente á iluminación do Nadal e outro para o resto de celebracións. O primeiro lote, como era de esperar, absorberá a maior parte do orzamento, cunha licitación estimada en 480.975 euros (IVE incluído), mentres que o segundo lote alcanzará os 43.197 euros.

O prego inclúe non só o deseño e subministración dos elementos decorativos, senón tamén a súa instalación, posta en servizo, explotación, mantemento e desmonte. Así mesmo, contempla gastos derivados da legalización, autorizacións e inspeccións necesarias. ElRibeira saca a licitación o contrato de iluminación do Nadal por máis de 500.000 euros.

O contrato terá unha duración de dúas anualidades: unha para o período 2025/2026 e outra para o 2026/2027, con posibilidade de prórroga por un ano adicional en cada caso.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.