A Regata Rías Baixas recalará no porto da Pobra, a única parada en toda a provincia

05 Agosto 2025

A cultura mariñeira forma parte da esencia da Pobra. Tanto é así, que esta temática é o fío condutor de boa parte das actividades da programación turística de verán. Esta liña de traballo verase reforzada, un ano máis, coa LXII Regata Rías Baixas organizada polo Club Náutico de Vigo. Trátase da única gran regata de cruceiro que subsiste en España e que fará unha única parada en toda a provincia no concello. A concelleira de Turismo, Estefanía Ramos, e Lorena Rosende e Paco Riveras, membros da directiva do Club Náutico Vigo, presentaron a cita deportiva, na que se espera a participación de arredor de 40 embarcacións procedentes de toda a xeografía autonómica e nacional.

Durante a súa intervención, a concelleira incidiu no orgullo que supón para A Pobra ser un dos portos nos que recale esta Regata Rías Baixas “estamos moi contentos de colaborar nesta edición tan especial, xa que é  a primeira organizada pola nova xunta directiva do club”, subliñou. Ademais, a edil adiantou que este ano, como novidade, “repartiranse vales para os participantes da regata, que poderán gastar nos establecementos hostaleiros do noso concello” e mostrou o seu agradecemento “á Asociación de Empresarios da Pobra, que se encargará da xestión destes vales, e aos negocios locais de hostalaría polo seu traballo nun día tan intenso como é o 15 de agosto no noso municipio, ao coincidir co inicio das festas do Carme dos Pincheiros”.

A regata consta de catro etapas, nas que se pasará polas rías de Vigo, as de Pontevedra e Arousa. En total, os regatistas cubrirán 125 millas náuticas de navegación. O venres, 15 de agosto, as persoas participantes deberán facer as 35 millas que separan Portonovo da Pobra, enfrontándose a unha das partes máis complexas e esixentes de todo o percorrido. Ese mesmo día, a partir das 19.30 horas, haberá degustacións para o público asistente e unha entrega de trofeos aos mellores regatistas da xornada na praza do Emigrante. A Regata Rías Baixas recalará nun dos días grandes do municipio, co inicio da festa do Carme dos Pincheiros. 

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.