A campaña Merca no Teu Comercio chega a Muros este 5 de agosto

05 Agosto 2025

A campaña Merca no Teu Comercio chega este mes a Muros. Entre o 5 e o 20 de agosto de 2025 desenvolverase esta iniciativa publicitaria e promocional na vila muradá, impulsada pola Federación de Comercio da Coruña, a Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia.

O obxectivo desta actuación, que comprende 40 campañas (10 por provincia) e máis de 90 localidades en toda a Comunidade Autónoma galega, é estimular as vendas nos municipios rurais galegos, achegar aos clientes aos comercios de proximidade, e dinamizar o sector. Na provincia de A Coruña celebraranse 10 actuacións, englobando 23 localidades ata o mes de novembro, e repartindo un total de 10.000 euros en premios.

Poderán participar nesta campaña de Merca no teu Comercio todos os clientes que realicen compras nos establecementos retallistas de Muros, nas datas da campaña (do 5 ao 20 de agosto de 2025). Deben facelo rexistrando directamente a súa compra na web da localidade través de calquera dispositivo electrónico: móbil, tableta ou computador. A participación pode ser rexistrada tamén polo comerciante, se o desexa, a través da mesma plataforma, onde se pode introducir directamente a operación de compra dos clientes, duplicando deste xeito as súas opcións de gañar.

Entre os participantes nesta campaña sortearanse 1.000 euros, distribuídos en 20 tarxetas prepago de 50 euros, que deberán ser empregadas para volver a mercar nos comercios de proximidade das respectivas localidades. O sorteo realizarase o 21 de agosto, e o martes, 2 de setembro, terá lugar a entrega de premios no Curro da Praza.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.