Convocados os actos expropiatorios para a conversión en autovía de 4,9 km da vía de altas prestacións Brión-Noia

01 Agosto 2025

A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria, para os días 26 de agosto e 27 de outubro, dos actos expropiatorios para executar as obras da conversión en autovía de 4,9 km da vía de altas prestacións Brión-Noia, que discorren polos concellos de Brión e Rois.

As obras foron licitadas este luns, día 29 de xullo, por un importe de 11,2 M€ e as empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o 12 de setembro. Os traballos contan cun prazo de execución estimado de 18 meses.

Os actos para o levantamento de actas previas á ocupación terán lugar o día 26 de agosto, estando convocado para ás 10.00 horas no centro social polivalente do Concello de Brión; e das 11.00 ás 11.30 horas, no salón de plenos do Concello de Rois. A formalización das actas de ocupación levarase a cabo o 27 de outubro, tamén nos concello de Brión e Rois, nas mesmas horas e localizacións.

En concreto, actuarase no treito entre Brión e o enlace de Urdilde (entre os puntos quilométricos 11+640 e 16+600). A licitación das obras deste treito paso dá continuidade á aprobación no mes de febreiro do proxecto de trazado do desdobramento da CG-1.5 entre o remate da autovía Santiago-Brión ata o inicio do tramo Martelo-Noia, cun investimento estimado que superará os 29 M€.

O obxecto da actuación

En concreto, a estrada proxectada no desdobramento terá en cada calzada dous carrís de 3,5 metros, beiravías de 2,5 metros exterior e 1 metro interior, e disporá de mediana de 3 metros entre bordos de beiravía das plataformas contiguas, dándolle continuidade ás características da autovía no tramo Santiago-Brión. O prazo de execución das obras   estímase en 18 meses.

No marco das obras que se acometerán realizaranse algunhas modificacións na conexión coa autovía Santiago-Noia (AG-56), co obxecto de adaptar o trazado existente á nova autovía. Unha delas será a reconstrución dos noiros do desmonte  na marxe esquerda en dirección Noia, para obter o ancho necesario para a nova sección.

Conservarase o enlace de Urdilde, sendo obxecto do desdobramento a execución definitiva dos ramais da calzada para desdobrar, pero o ramal de entrada en Gundín desaparecerá coa ampliación da calzada pola imposibilidade física de conservalo co desdobramento da vía.

Con esta actuación se beneficiará a unha poboación de 160.000 habitantes dos concellos de Brión, Rois, Santiago, Ames, Lousame e Noia.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...