O cuadripartito da Pobra rexeita asegurar a nave de remo incendiada

01 Agosto 2025

O pleno do Concello da Pobra do Caramiñal, composto por Nós Pobra, PSOE, BNG e o edil non adscrito, rexeitou a proposta do PP para contratar un seguro para a nave de remo recentemente incendiada. A moción foi tombada con nove votos en contra e só os tres do PP a favor.

A portavoz do PP, Raquel Lojo, criticou que o goberno local non adoptase medidas tras o incendio, mentres que a alcaldesa, Xulia Ferreirós, argumentou que se está á espera de informes técnicos e do seguro do Club de Remo para valorar posibles responsabilidades. Tamén anunciou que se está elaborando un proxecto de recuperación do edificio.

Pola súa banda, o edil non adscrito, Eliseo Souto, criticou a falta de previsión e o abandono da nave por parte do Concello. O concelleiro de Protección Civil respondeu que, tras o incendio, o goberno local actuou con dilixencia, retirando os restos calcinados e limpando a zona.

O incendio afectou gravemente as instalacións e a estrutura do inmoble, aínda sen reconstrución definida.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.