O Concello da Pobra aproba un crédito extraordinario de 40.000 euros para celebrar a Comida dos Maiores en outono

31 Xullo 2025

O Concello da Pobra do Caramiñal celebrou na mañá deste 31 de xullo un pleno ordinario no que saíu aprobado un crédito de 40.000 euros para celebrar a Comida dos Maiores. A cita, organizada pola Concellería de Servizos Municipais, reúne, edición tras edición, a centos de maiores de 60 anos procedentes de todo municipio. “Trátase dun evento consolidado e que serve como punto de confraternización e encontro para os veciños e veciñas de maior idade que se celebrará en outono”, sinalou o grupo de Goberno. O punto foi aprobado por unanimidade da Corporación municipal.

Outro dos asuntos que recibiu luz verde no pleno desta mañá foi a modificación da ordenanza fiscal reguladora do mercadiño ambulante semanal. O acordo acadado en pleno suporá un cambio na taxa. Agora, esta pasará a aplicarse a tarifa por metro lineal tendo en conta a fronte do posto, o que reducirá a cantidade a aboar.

Outra das novidades incorporadas foi a do prazo de pago voluntario, dándolles a posibilidade aos tendeiros e tendeiras de facelo nos 15 últimos días de cada trimestre. Por último, co cambio na ordenanza establécense bonificacións no 1º e no 4º trimestre de cada ano, coincidindo cos meses de menor afluencia de clientela e, polo tanto, de menor consumo.

Para dar aos responsábeis dos postos máis facilidades, fíxase unha bonificación do 25%. Así mesmo, establécese outra do 50% para os vendedores e vendedoras que non teñan débedas pendentes nos últimos catro anos. O asunto saíu adiante co voto a favor de Nós Pobra, do BNG, PSOE e Veciñxs Independentes da Pobra e coa abstención do PP.

IBI e instalacións deportivas

No pleno aprobáronse, ademais, dúas modificacións nas ordenanzas do IBI e na da taxa por utilización de instalacións deportivas. No primeiro caso, o cambio realizouse en base a criterios de eficiencia e economía na xestión recadatoria e suporá que certos inmóbeis rústicos e urbanos con pouco valor deixarán de aboar dita taxa. O mínimo para os urbanos fíxase en 2,94 euros e en 5,89 para os rústicos. No segundo caso, o cambio na ordenanza realizouse para incorporar dependencias que non estaban no documento vixente, así como para corrixir erros e sumar novas exencións e bonificacións que non estaban inseridas no documento inicial.

Ambos puntos aprobáronse cos votos favorables de Nós Pobra, do BNG, PSOE e Veciñxs Independentes Pobra e coa abstención do PP.

Festivos locais

O pleno aprobou, así mesmo, os festivos locais para o ano 2026, que serán o 17 de agosto (luns do Carme dos Pincheiros) e o 21 de setembro (luns das festas do Nazareno). O asunto foi aprobado cos votos a favor de Nós Pobra, PSOE, Veciñxs Independentes Pobra e do PP e coa abstención do BNG.

Así mesmo, o pleno aprobou, por unanimidade, a desafección dun camiño que estaba incluído no inventario municipal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.