Boa evolución das 30 persoas de Amicos Boiro contaxiadas

13 Abril 2020

Esta longa fin de semana que vimos de deixar atrás trouxo boas novas da Residencia Amicos de Boiro, onde, como lembraremos, foron confirmados o pasado 8 de abril 30 casos de contaxio entre os residentes por COVID-19. Segundo fixo saber a asociación dende o seu Facebook cun exhaustivo parte informativo, os pacientes (residentes e técnicos) están a evolucionar de maneira favorábel e presentan bo estado de saúde.

Polo que respecta ás persoas residentes, todas elas atópanse en seguimento e control presencial e telemático, por persoal do SERGAS e da propia asociación Amicos para persoas con diversidades funcionais e cognitivas. Como dixemos, a súa evolución e sintomatoloxía son positivas.

Polo que atinxe ao persoal técnico, a ducia de persoas contaxiadas áchase neste intre en estado de corentena nos seus fogares e reciben seguimento telemático do Servizo Galego de Saúde. A súa situación, segundo confirmou a dirección de Amicos, tamén é favorábel.

Esta fin de semana ficaban operativos 37 técnicos asegurando a atención dos residentes do centro. Amais, a asociación engadiu que foi posíbel recadar stock de material de protección para case dúas semanas, grazas ao chamamento público feito pola dirección de Amicos. Con todo, confirmouse un déficit de máscaras FFP2 para a atención directa dos positivos.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.