Dous detidos por roubo con forza en Rois e tenencia ilícita de armas

30 Xullo 2025

A Garda Civil detivo a dúas persoas como supostas autoras dun delito de roubo con forza no interior dunha vivenda ocorrido o pasado mes de maio na localidade coruñesa de Rois. Aos detidos tamén se lles imputan os delitos de tenencia ilícita de armas, subtracción dun vehículo e defraudación do fluído eléctrico.

Durante o roubo, os implicados subtraeron dúas escopetas de caza do calibre 12, ademais doutros efectos de valor. Tras ter coñecemento do suceso, a Garda Civil abriu unha investigación en coordinación con axentes da Policía Local de Ames e Brión, que permitiu ir recompilando probas sobre a identidade e paradoiro dos autores.

A operación culminou recentemente coa entrada e rexistro dunha vivenda en Ames, onde residía un dos detidos. No interior do domicilio os axentes recuperaron unha pistola, un puñal, munición de escopeta e diversos obxectos roubados en distintos delitos contra o patrimonio.

Ademais do roubo en Rois, atribúeselles a subtracción dun vehículo en Ames e o uso fraudulento de electricidade.

Os detidos pasaron a disposición xudicial e a Garda Civil continúa coas dilixencias para esclarecer se están implicados noutros feitos delituosos na comarca.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.