Licitadas por 11,2 M€ as obras para a conversión en autovía de 4,9km da vía de altas prestacións Brión-Noia

29 Xullo 2025

A actuación licitada hoxe beneficiará a unha poboación de 160.000 habitantes dos concellos de Brión, Rois, Santiago, Ames, Lousame e Noia

A Xunta vén de licitar por 11,2 millóns de euros a execución das obras da conversión en autovía de 4,9 km da vía de altas prestacións Brión-Noia, que discorren polos concellos de Brión e Rois. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto ao director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, deu conta desta licitación, para a que as empresas poderán presentar ofertas ata o 12 de setembro.

En concreto, actuarase no treito entre Brión e o enlace de Urdilde (entre os puntos quilométricos 11+640 e 16+600). A licitación das obras deste treito paso dá continuidade á aprobación no mes de febreiro do proxecto de trazado do desdobramento da CG-1.5 entre o remate da autovía Santiago-Brión ata o inicio do tramo Martelo-Noia, cun investimento estimado que superará os 29 M€.

A conselleira subliñou o compromiso do Goberno galego para avanzar nunha Galicia mellor conectada: “Planificamos, presupostamos e executamos, co obxectivo de seguir vertebrando o territorio con estradas sostibles, cómodas e seguras”. 

Neste senso, Allegue destacou os investimentos que está a levar a cabo neste momento grazas a esa planificación e dotación orzamentaria a Administración autonómica nas vías de altas prestacións, e citou o das obras dun novo treito da VAP Tui-A Guarda (18M€), o proxecto para continuar a autovía Nadela-Sarria co novo tramo entre Nadela e A Pobra de San Xiao (34,7M€) ou as obras de prolongación da AG-59. 

Ademais, está en exposición pública o novo trazado da prolongación da autovía da Costa da Morte, e onte luns aprobouse provisionalmente no Consello da Xunta o proxecto de trazado da variante de Carballo. 

Allegue subliñou que o desdobramento licitado hoxe  vai beneficiar de xeito directo a unha poboación de máis de 160.000 habitantes, dos concellos de Brión, Rois, Santiago, Ames, Lousame e Noia. E lembrou que as vías de altas prestacións supoñen xa máis de 500 km da rede viaria autonómica, de xeito que 8 de cada 10 galegos xa viven a menos de 15 minutos dunha destas estradas.

A actuación

En concreto, a estrada proxectada no desdobramento terá en cada calzada dous carrís de 3,5 metros, beiravías de 2,5 metros exterior e 1 metro interior, e disporá de mediana de 3 metros entre bordos de beiravía das plataformas contiguas, dándolle continuidade ás características da autovía no tramo Santiago-Brión. O prazo de execución das obras   estímase en 18 meses.

No marco das obras que se acometerán realizaranse algunhas modificacións na conexión coa autovía Santiago-Noia (AG-56), co obxecto de adaptar o trazado existente á nova autovía. Unha delas será a reconstrución dos noiros do desmonte  na marxe esquerda en dirección Noia, para obter o ancho necesario para a nova sección. 

Conservarase o enlace de Urdilde, sendo obxecto do desdobramento a execución definitiva dos ramais da calzada para desdobrar, pero o ramal de entrada en Gundín desaparecerá coa ampliación da calzada pola imposibilidade física de conservalo co desdobramento da vía.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.