Este sábado 2 de agosto celébrase unha nova edición das Noites Astronómicas de Rianxo

29 Xullo 2025

Rianxo vai celebrar este sábado 2 de agosto unha nova edición das Noites Astronómicas, a partir das 22.00 horas no parque Galicia. Será, en palabras da organización (o Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC en colaboración coa Xunta, o Goberno e o Concello de Rianxo, co apoio de Óptica Val), unha “noite máxica de observación, divulgación e lecer baixo as estrelas”. Iso si: a sesión estará “supeditada á existencia de boas condicións atmosféricas”.

Este tipo de observacións nos concellos, en diferentes recantos da xeografía galega, son posíbeis grazas ao persoal do Observatorio Astronómico Ramón María Aller (OARMA) da USC, que brinda cada ano, baixo o título Noites Astronómicas, sesións de divulgación en diferentes localidades galegas. Cóntase coa participación do director do Observatorio, José Ángel Docobo Durántez, e do investigador Pedro Pablo Campo e as sesións de divulgación inclúen observacións a simple vista e observacións telescópicas de obxectos como estrelas dobres, cúmulos estelares, nebulosas e mesmo de diferentes planetas do noso sistema solar.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.