Aberto un novo carril segregado na Lanzada para favorecer a mobilidade viaria na glorieta final da vía do Salnés

26 Xullo 2025

A Xunta abriu esta mesma mañá á circulación o novo carril segregado na glorieta que une a VG-4.1 coa estrada autonómica PO-308 na Lanzada, en Sanxenxo, para axudar a desconxestionar o tráfico e favorecer a mobilidade na zona. Este novo viario posibilita que os vehículos que veñen da autovía cara O Grove eviten atravesar esta glorieta e accedan directamente á PO-308 mediante este carril adicional.

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, regresou á zona, coincidindo coa apertura deste novo carril segregado no final da autovía e de prolongación na estrada PO-308 ata o paso de peóns. Tal e como explicou, con estas obras, que foron acometidas en apenas 20 días, a Xunta conta “con que se alivie dalgún xeito o tráfico que se produce nesta rotonda final da vía do Salnés, especialmente no verán”.

Allegue explicou que esta obra acométese despois dos estudos que a Axencia Galega de Infraestruturas realizou, que confirman que, o tamaño actual da glorieta funcionaba como unha intersección en T, primando os tráficos que veñen da PO 308, de Sanxenxo, fronte os que proceden da autovía. Esta actuación axudará a aliviar o tráfico.

Salientou que o Goberno galego, ademais desta solución a curto prazo, está a rematar os estudos de avaliación de alternativas para unha solución máis global.

Allegue avanzou que as futuras actuacións non só serán  melloras viarias, senón tamén redundarán na mobilidade peonil e na mellora paisaxística e posta en valor máis aínda desta paraxe Rede Natura 2000.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.