Sábado 26, as Rías Baixas e Santiago terán sol e ascenso das temperaturas

25 Xullo 2025

Este sábado San Xaquín e Santa Ana, as Rías Baixas e a comarca de Santiago vivirán unha fin de semana marcada pola estabilidade atmosférica. Esta situación mantén o ceo pouco nubrado ou despexado durante boa parte da xornada, agás a aparición de bancos de néboa matinais no interior e brétemas costeiras ao final do día na metade norte.

En Santiago e o interior das Rías Baixas, poderán rexistrarse néboas illadas nas primeiras horas, que desaparecerán co avance da mañá. Na zona costeira, especialmente en puntos como nas rías de Arousa e Muros-Noia nas que non se descarta tamén a formación de brétemas ao anoitecer.

As temperaturas manteranse agradables, con mínimas sen grandes cambios e máximas en lixeiro ascenso, podendo superar os 28 ºC en Santiago e por riba dos 30 nas rías e comarca.

Os ventos do nordés soprarán con intensidade moderada, aumentando ao longo da tarde, sobre todo en zonas expostas como o litoral da Costa da Morte e a entrada da ría de Muros e Noia, onde se agardan rachas fortes, especialmente en Fisterra.

meteogalicia

O noso mar: Vento do norte á mañá e á tarde e do norte á noite, forza 4 a 5 á mañá, 4 a 6 á tarde e 5 a 6 á noite. Forte marusía. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros á mañá e á noite e 1.5 a 2.5 metros á tarde.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...