A Cátedra Institucional Castelao da USC presenta en formato podcast unha recreación sonora do Alba de Gloria

24 Xullo 2025

Esta semana a Cátedra Institucional Castelao da Universidade de Santiago de Compostela presentou unha recreación sonora en formato podcast do Alba de Gloria, o discurso pronunciado por Alfonso Daniel Rodríguez Castelao en Bos Aires o Día de Galicia de 1948, considerado o cumio da oratoria en lingua galega e, tamén, a última alocución pública de Castelao de certa entidade antes do seu pasamento no exilio bonaerense, nos inicios de 1950.

A disertación de Castelao, pronunciada ante unha audiencia enfeitizada de galegos da emigración e do exilio, comeza cunha evocación da festa do 25 de xullo en Galicia. A seguir, desenvólvese unha longa procesión da Compaña de galegos inmortais, grandes figuras da historia, e cando esta acaba de pasar, proxéctase a visión dunha “infinda moitedume de luciñas e vagalumes”, “ánimas sen nome” que crearon o idioma, a cultura e o feito diferencial de Galicia, colocando o foco sobre o pobo miúdo como creador, depositario e custodio fiel dos principais elementos que configuraron a identidade nacional de Galicia. O discurso remata cun envío a todos os galegos da diáspora americana.

“Asumida a derrota, abandonadas as expectativas dunha pronta recuperación da democracia e dun retorno á Galicia, Castelao é consciente de que nunca volverá á súa terra, mais envía unha mensaxe de esperanza cara ao porvir do país, fundada nunha confianza inabalable na capacidade do pobo galego para resistir e para rexurdir”, explica o director da Cátedra Institucional Castelao da USC, o profesor muradán Henrique Monteagudo, que tamén intervén ao comezo do podcast.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.