Un terzo das peixerías galegas xa se sumaron ao Bono Peixe

23 Xullo 2025

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, animou ás peixerías galegas a seguir adheríndose ao Bono Peixe. Fíxoo este 23 de xullo dende Ribadeo, onde lembrou que o prazo para facelo iniciouse o pasado 11 de xullo e rematará co remate do programa, a mediados do mes de outubro. “Nestes doce días”, destacou, “un terzo (algo máis de 500) dos establecementos existentes (uns 1.600) xa se sumaron a esta iniciativa, dotada con 2,5 millóns de euros, e coa que a Xunta de Galicia prevé mobilizar uns 10 millóns de euros e beneficiar a unhas 150.000 persoas”.

Os bonos, que se poderán comezar a usar dentro de cinco días, terán formato dixital e deberán ser descargados polos usuarios previamente na web http://www.bonopeixe.gal . Desde este momento, e a través dun código QR, estarán dispoñíbeis para o seu uso nunha aplicación específica que permita realizar os pagamentos. No momento da compra, os usuarios deberán ir acompañados do seu DNI ou indicar o seu número de teléfono móbil para certificar que son beneficiarios desta iniciativa deseñada polo Goberno galego, destinada a “incentivar o consumo e de apoiar a actividade dos operadores comerciais minoristas, pero que son determinantes para garantir a seguridade alimentaria aos consumidores”.

Villaverde lembrou que os usuarios poderán empregar 5 euros semanais (cun 25% desconto por compra, ata ese límite), coa posibilidade de acumular o saldo non gastado ata un máximo de 25 euros, e que poderá usarse en sucesivas semanas (máximo dez) ou ata que se esgote o crédito.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.