Os cabezudos, a música e os San Juerguines volverán protagonizar as festas do Carme dos Pincheiros

23 Xullo 2025

Este verán volven os cabezudos á Pobra do Caramiñal da man dunha nova edición das festas de Carme dos Pincheiros. A cita, organizada pola Comisión de Festas Carme dos Pincheiros en colaboración co Concello e a Xunta de Galicia, celebrarase entre os días 15 e 18 de agosto, ofrecendo un completo programa no que os xigantes e cabezudos compartirán protagonismo coa música, os xogos e os xa clásicos San Juerguines. Así o avanzaron a concelleira de Cultura, Patricia Lojo, o presidente da Comisión, Jesús Maneiro, durante a presentación do programa, na que participaron tamén o secretario e o vogal.

Durante a súa intervención, a edil incidiu na importancia desta festividade, “que conta cunha gran tradición na Pobra”. Explicou que a orixe do Carme dos Pincheiros atópase, precisamente, nuns mariños (os coñecidos como pincheiros) que se dedicaban á arte da pesca de pincho, moi empregada na ría de Arousa no século XVIII. Lojo subliñou o compromiso do Goberno local “por manter vivos este tipo de celebracións que falan da nosa historia como concello pero que supoñen tamén un revulsivo para o consumo económico durante catro días”. Nesta ocasión, a achega do Concello chegou ata os 35.000 euros.

A concelleira engadiu que serán uns trinta os cabezudos e xigantes que percorrerán as rúas do municipio. Non faltarán os reis, Brancaneves e os sete ananiños, as personaxes de Asterix e Obelix, cabalos e mesmo un dragón. Detrás destas confeccións hai un traballo de varios meses nos que a Comisión se encarga de arranxar calquera dano e de pintar as cabezas.

Xornada inaugural

O programa dará comezo o venres, 15 de agosto, co lanzamento das bombas de palenque ás 19.00 horas. A partir dese momento, os xigantes e cabezudos iniciarán tamén o seu percorrido polas rúas da Pobra, un tour que farán coa ambientación musical do Grupo de Gaitas Trécola. Ás 19.30 horas terá lugar a imposición de escapularios aos novos confrades e haberá unha misa interpretada pola coral Lauda Sión. Ás 21.00 horas darase o pregón oficial das festas desde o balcón da Casa do Concello. Nesta edición, correrá a cargo das Veteranas do Club de Remo da Pobra (Club Remo Puebla), unha “homenaxe merecida ás mulleres que levan o nome da Pobra aló onde van e que, ademais, foron as gañadoras do Campionato Galego de Veteranas”, tal e como explicou Patricia Lojo. 

As 22.00 horas, celebrarase a ambientación musical, incluída no programa Verán Cultural do Concello. A praza Alcalde Segundo Durán acollerá os concertos da banda de versións Ajencia Trivutaria (22.00 horas) e de Martin Human (23.00 horas). O remate da festa correrá a cargo de Chocolate Disco Móvil.

Sábado de San Juerguines

O sábado, 16 de agosto, a actividade arrincará ás 11.00 horas coa música da Banda de Música de Rianxo, da Banda de Gaitas Os Castros de Ames, o Grupo de Gaitas Xiada, Os Caraveiros, o Grupo de Gaitas O Ar de Loureda e o Grupo de Gaitas Os Argalleiros. Ás 12.30 horas tomarán a remuda os xigantes e cabezudos ao son do Grupo de Gaitas Trécola e, entre as 12.00 e as 14.00 horas, haberá tamén xogos populares no Cantón da Leña. A Banda de Música de Rianxo realizará un recital ás 13.00 horas nos xardíns de Valle-Inclán.

Os San Juerguines serán unha das actividades fortes no sábado. Comezarán ás 13.30 horas cunha sesión vermú na que actuarán Mekánika Rolling Band e na que haberá, ademais, unha sesión DJ. Ás 16.30 horas terá lugar a Festa da Auga, un clásico nestas festas e na que se prevé a participación de centos de persoas. Nese momento, as rúas do núcleo urbano convértense nunha auténtica batalla na que o obxectivo é mollar a calquera persoa que pase pola zona. Ás 18.00 horas terán lugar as Olimpíadas Pincheiras e, ás 22.00 horas, a festa continuará con Planet Disco Móvil, Mateo Abelleira e Tito Maverick.

En paralelo, haberá tamén unha actuación da Orquestra Mar Azul (22.30 horas) e Condutores Suicidas (00.00 horas), banda tributo a Sabina.

Domingo

O domingo, 17 de agosto, as propostas arrincarán tamén ás 11.00 horas coa música da Banda de Música de Rianxo, da Banda de Gaitas Os Castros de Ames, o Grupo de Gaitas Xiada, Os Caraveiros, o Grupo de Gaitas O Ar de Loureda e o Grupo de Gaitas Os Argalleiros. Ás 11.30 horas haberá unha entrada na vila e un desfile da Banda Militar da BRILAT, que tamén dará un concerto ás 12.00 horas no Campo da Leña. A continuación, a Banda de Música de Vilaboa (ás 13.00 horas) fará o propio, ofrecendo un recital nos xardíns de Valle-Inclán. Ás 18.30 horas terá lugar a misa solemne e a procesión na honra da Virxe do Carme. A Asociación de Amas de Casa e da Confraría de Pescadores fará unha ofrenda no peirao flotante.

A Olimpus actuará ás 22.30 horas e o remate da xornada estará marcado por Chocolate Disco Móvil.

Xornada de peche

O luns, 18 de agosto, os xigantes e cabezudos farán acto de presenza ás 12.30 horas. Entre as 12.00 e as 14.00 horas os máis pequenos e pequenas da casa gozarán da Pincherolandia e da festa da espuma na praza Alcalde Segundo Durán (haberá un segundo pase entre as 17.00 e as 19.00 horas) e, ás 13.00 horas, está previsto o concerto da Banda de Música de Lantaño nos xardíns Valle-Inclán.

Ás 20.00 horas levarase a cabo un desfile de despedida dos xigantes e cabezudos acompañados polos grupos de gaitas. O remate do Carme dos Pincheiros chegará cunha actuación do grupo The Broken Peach (22.30 horas), coa gran queima de fogos artificiais e combate naval (00.15 horas) e coa sesión de Chocolate Disco Móvil (00.30 horas). 

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.