Quece motores a nova e ambiciosa campaña da ABE, “Boiro, Compras con Corazón”

23 Xullo 2025

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) comeza a dar forma á que será a súa campaña máis ambiciosa ata o momento: Boiro, Compras con Corazón, que se celebrará do 16 ao 23 de agosto co obxectivo de “converter as rúas de Boiro nun fervedoiro de vida, actividade e unión arredor dos negocios locais”.

Dende a ABE lembran que estsa iniciativa foi recoñecida como unha das cinco mellores de Galicia dentro do programa O Teu Comercio Local é Extraordinario da Xunta de Galicia, “un impulso que reforza o compromiso da ABE por seguir poñendo en valor o comercio de proximidade”, sinala a patronal.

Como primeiro adianto, a asociación compartiu este mércores 23 de xullo o cartel oficial da campaña, creado en exclusiva para esta ocasión pola ilustradora boirense Tahis Forján. Na contribución gráfica da campaña, “todas as personaxes e elementos gráficos son orixinais e deseñados especialmente para este proxecto, cun estilo fresco, colorido e cheo de simbolismo que transmite o latexo colectivo do comercio local”, salientan dende ABE.

O presidente da ABE, Daniel García, destaca: “Esta campaña é un paso decisivo para reforzar o comercio local de Boiro, unha fonte de riqueza económica e social para o noso municipio. Estamos emocionados de poder ofrecer unha acción tan completa e ilusionante, que, ademais, conta cunha imaxe que reflicte a creatividade da nosa xente. Con Boiro, Compras con Corazón queremos que toda a veciñanza sinta o orgullo de mercar e apoiar aos nosos establecementos”.

Durante toda a campaña haberá gastronomía, música, espectáculos, parque de inchábeis, agasallos e moitas sorpresas para todas as idades. O programa completo irase revelando pouco a pouco nos próximos días.

Un dos grandes atractivos será o gran sorteo final de 5.000 euros, o sábado 23 de agosto ás 21:30 horas na praza do Concello. Todos os clientes dos máis de 200 negocios asociados á ABE poderán participar neste sorteo e acceder a convites exclusivos para degustacións, inchábeis e outras actividades especiais. Son válidos os tíckets ou facturas de calquera establecemento asociado, reforzando así a forza dunha rede que impulsa a economía e a vida social de Boiro.

A ABE anima ás empresas que aínda non forman parte da asociación a “sumarse canto antes para que tamén os seus clientes poidan gozar dunha campaña extraordinaria que quere poñer en valor o comercio local como motor de dinamización económica e social”.

Desde a ABE, tamén queren expresar o seu agradecemento á Xunta de Galicia e ao Concello de Boiro pola súa colaboración e apoio, “especialmente pola confianza depositada ao seleccionar esta campaña como unha das cinco mellores da comunidade no marco do programa O Teu Comercio Local é Extraordinario”. A patronal engade que “esta elección supón un recoñecemento ao traballo e á implicación dos comerciantes locais, que día a día fan de Boiro un lugar vivo e próspero”.

A presentación oficial terá lugar o 12 de agosto. Ata entón, a ABE continuará compartindo novidades.

A campaña conta con financiamento da Xunta de Galicia e a colaboración do Concello de Boiro.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.