A rúa Castelao de Aguiño terá unha nova pavimentación

22 Xullo 2025

O Concello de Ribeira adxudicou as obras de pavimentación da rúa Castelao de Aguiño. O pasado mes de abril levábase a cabo a pavimentación da rúa Francisco Lorenzo Mariño e esta actuación, xunto coa nova adxudicación da rúa Castelao foron dúas iniciativas amplamente demandadas pola veciñanza, sinalou o Concello, engadindo que “con esta nova pavimentación púxose fin a máis de oito anos sen intervencións nestas estradas e resolvéndose así as demandas da veciñanza”.

O Concello engade que a rúa Castelao “presenta actualmente un pavimento moi deteriorado, con numerosas fochancas e disgregacións que supoñen un risco para a circulación”. A obra de remodelación da rúa non incluía a pavimentación e por iso o actual Goberno municipal decidiu habilitar unha partida orzamentaria para mellorar a seguridade viaria na zona coa renovación do pavimento mediante o estendido dunha capa de aglomerado para logo proceder á sinalización horizontal da rúa.

O obxectivo fundamental que se persegue con este proxecto é “mellorar o firme actual da rúa Castelao, pavimentándoa cunha nova capa de aglomerado asfáltico de 6 cm de espesor”. As actuacións para realizar serán; o fresado do pavimento existente, a preparación da superficie, o estendido dunha capa de mestura bituminosa en quente tipo AC22 surf D de 6 cm de espesor, o recrecido de tapas de rexistro á nova cota, a pintura viaria e a limpeza final da zona de obras.

“Desde o Concello de Ribeira estamos apostando decididamente por mellorar os servizos e infraestruturas nas parroquias, e Aguiño é un claro exemplo deste compromiso. A adxudicación da pavimentación da rúa Castelao responde a unha demanda histórica da veciñanza, que levaba máis de oito anos agardando por esta actuación. Esta obra, xunto coa xa realizada na rúa Francisco Lorenzo Mariño, é un paso máis na nosa folla de ruta para dignificar os espazos públicos desta parroquia”, asegurou o alcalde, Luís Pérez Barral.

Pérez Barral asegura que nestes dous anos fíxose un esforzo importante en Aguiño, cun investimento sostido que inclúe a renovación da liña de abastecemento, saneamento e pavimentación da rúa Curbelo, a pavimentación das rúas Luís Seoane e Praia da Ribeira, a instalación dunha nova liña de auga para consumo doméstico na Cerca, a construción da nova sede do Club de Remo e a renovación do Conservatorio de Aguiño. “Estes proxectos son a mostra dun compromiso firme coa mellora da calidade de vida da cidadanía de Aguiño, dotando á parroquia de mellores infraestruturas e equipamentos públicos”.

A adxudicación foi concedida á empresa Canarga, S.L. por un importe total de 140.145,00 euros, IVE incluído no marco do POS+ 2024 e cun prazo de execución de dous meses.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.