A Festa da Xouba de Rianxo inclúe a proxección dos filmes gañadores da mostra Mares da Fin do Mundo

22 Xullo 2025

O vindeiro mércores 23 de xullo, no marco da programación da Festa da Xouba de Rianxo 2025, o Pazo de Martelo acollerá a partir das 20:00 horas a proxección dos gañadores da mostra de cinema documental Mares da Fin do Mundo.

Koka, de Aliaksandr Tsymbaliuk, conta a historia dun pais e o seu fillo que se gañan a vida pescando nunha comunidade da costa do mar de Bering que parece ancorada fóra do tempo. A cámara de Aliaksandr Tsymbaliuk achéganos aos protagonistas, rexistrando tanto a dureza das súas condicións como o rigor da educación, suavizados polo amor paterno e a despreocupación universal da infancia.

Percebes, de Alexandra Ramires e Laura Gonçalves, co mar e o Algarve urbano como pano de fondo, permítenos seguir un ciclo completo da vida dos percebes. Dende a súa formación ata o prato, nesta viaxe atravesamos diferentes contextos que nos permiten comprender mellor esta rexión e as persoas que a habitan.

Voyage de documentation de Madame Anita Conti, de Louise Hémon, relata a espectacular historia de , Anita Conti, a primeira muller oceanógrafa de Francia, que se embarcou nun arrastreiro para compartir a dura vida dos pescadores de bacallau do Atlántico, soa coa súa cámara e sesenta homes durante seis meses. A partir dos seus rolos de 16 mm e das súas fotografías, a película revela a súa mirada científica e á vez tenra cara aos traballadores do mar. A película explora a modernidade da súa loita, así como a beleza brumosa e rítmica dos seus escritos e fotografías.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.