A Xunta licita a conversión en autovía da VAP Brión-Noia por 11,2M€

21 Xullo 2025

— O primeiro tramo do desdobramento esténdese entre Brión e o enlace de Urdilde, cun prazo de execución de 18 meses.

O Consello da Xunta aprobou hoxe a licitación, por un importe de 11,2 millóns de euros, das obras de transformación en autovía dun tramo de 4,9 quilómetros da Vía de Altas Prestacións (VAP) Brión-Noia, concretamente entre os puntos quilométricos 11+640 e 16+600, entre Brión e o enlace de Urdilde.

Este proxecto corresponde ao primeiro dos treitos nos que se divide o desdobramento da estrada CG-1.5 e dá continuidade á aprobación, no pasado mes de febreiro, do proxecto de trazado da autovía entre Brión e Martelo, cun investimento global estimado superior aos 29 millóns de euros.

A nova infraestrutura contará con dúas calzadas, cada unha delas con dous carrís de 3,5 metros, beiravías exteriores de 2,5 metros e interiores dun metro, ademais dunha mediana de 3 metros entre plataformas. Esta configuración manterá a continuidade co deseño da autovía xa existente no tramo Santiago-Brión.

Dentro das actuacións previstas inclúese a adaptación do enlace coa AG-56 (autovía Santiago-Noia), onde se reconstruirán os noiros do desmonte na marxe esquerda para permitir o ancho necesario da nova sección. Tamén se prevé a supresión do ramal de entrada en Gundín, debido á imposibilidade de mantelo co novo trazado desdobrado. A Xunta asegura que se manterá o enlace de Urdilde, e os seus ramais serán adaptados á nova configuración de autovía.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.