“O Día de Galicia” – José Luis Calo

21 Xullo 2025

O Día de Galicia, tamén coñecido como Día da Patria Galega, celébrase o 25 de xullo, día da festividade do Apóstolo Santiago o Maior, segundo o decreto da Xunta de Galicia. Neste día, os galegos celebran a súa identidade e cultura. É unha xornada para a reivindicación da cultura e a identidade galega, con actos institucionais e populares. É importante destacar que a celebración do Día de Galicia non implica un concepto de “gañar” nun sentido competitivo, algo que os partidos políticos nacionalistas aínda non o chegan a comprender, que senón máis ben unha afirmación da identidade e a cultura galegas.

Nun día como é o Día de Galicia, o que podemos dicir é que a liberdade é un dos valores máis transcendentes da condición humana, ela permítenos crecer e desenvolvernos a plenitude e poder desenvolvernos no ámbito social cunha ampla conciencia na razón da existencia que nos permite actuar, comunicarnos e sentir.

Sen embargo, hoxe en día, a situación xeopolítica atopase moi lonxe desta afirmación. Asistimos a un auxe significativo dos partidos de extrema dereita en toda Europa, a política de bloques e outras formas de autocracia que se están impoñendo en todo o mundo, cousa que por sorte en Galicia lle está a custar moito esforzo. Os nosos gobernantes son os responsables de que os réximes autocráticos volvan superar en número ás democracias. Un dato clave é que o 72% da poboación mundial vive nunha ditadura.

En Italia, Giorgia Meloni, líder do partido posfascista Irmáns de Italia, gañou as eleccións de setembro de 2022 co 26% dos votos, o que lle permitiu asumir a xefatura do novo goberno. VOX en España está a gañar posicións no centro do taboleiro político, aínda que o principal problema de Vox segue sendo interno, carece dunha estrutura, algo fundamental para poder asaltar o poder no sistema actual. Estes partidos nútrense de situacións como a que vivimos en España nestes momentos. No noso país a trama de corrupción que afecta ao PSOE e ao Goberno, agora sumándoselle Montoro (PP) imputado, beneficiaría a empresas gasistas mediante reformas lexislativas na súa etapa de ministro, e os 45 casos de corrupción
do Partido Popular; caso Gürtel, caso Bárcenas, caso Kitchen, caso Púnica, caso Nóos, financiamento ilegal do PP de Madrid, caso Palma Arena, caso Pokémon (ramificacións en Galicia) etc.

Atravesamos unha época convulsa, que ao final tamén nos afecta a nós como galegos. Vemos como líderes de partidos políticos vólvense contra a democracia e as liberdades, castigando a esta coa corrupción e fomentando o que podería ser o preludio dun novo ciclo de extremismo no conxunto do continente, algo que vén sucedendo desde fai polo menos quince anos. a crise financeira (2008-2012), a crise dos refuxiados (2015), a guerra en Ucraína (2022), o conflito entre Israel e Hamás (2023). Cada unha destas crises brindou a oportunidade aos partidos de extrema dereita de explotar con fins electorais as súas pretensións, e se lle sumamos a crise económica que sofren as familias, especialmente entre as clases medias e traballadoras, a subida dos prezos son, sen ningunha dúbida, o motor destes auxes. Tal vez deberiamos reformularnos as teorías dos nosos
filósofos. Un exemplo o pensamento de Immanuel Kant, na súa obra A paz perpetua, onde o poder reside no pobo. Esta teoría, reformulada por Michael Doyle no século XX, sostén que as normas e valores democráticos, como o respecto mutuo e a resolución pacífica de conflitos.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

Días atrás Donald Trump prometió premiar a todos los estadounidenses adultos con 5.000 dólares si su partido triunfa en las elecciones legislativas. Una compra de votos a todas luces imposible de cumplir legal, administrativa y económicamente. Un fraude contra la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.