65 nadadores cruzarán a ría de Arousa o 26 de xullo a favor das persoas con dano cerebral adquirido

18 Xullo 2025

O Concello de Ribeira presentou os detalles da décima edición de Arousaman e Arousawoman, que se celebra o vindeiro 26 de xullo e que se achega como unha travesía a nado bianual e única –dende o ano 2015– en favor das persoas con dano cerebral adquirido. Terá un percorrido de 7 millas náuticas, 13 quilómetros que conectarán a beira sur e norte da ría de Arousa con saída na praia de Confin (O Grove) e chegada na praia de Coroso (Ribeira).

Á presentación asistiron o concelleiro de Deportes, Xabier Vidal, o tenente de alcalde, Vicente Mariño, a concelleira de educación, Cruz Rivadulla, ademais de representantes da Asociación Arousamán e da Asociación de Dano Cerebral de Santiago, Sarela.

Xabier Vidal informou que a saída será ás 9:00 horas dende O Grove, con chegada prevista a Ribeira ás 14:00 horas, e que “un total de 65 nadadores, entre eles 16 mulleres, participarán nesta esixente proba de resistencia en augas abertas”. Trece deles afrontarano sen neopreno, incluíndo 4 mulleres, “o que reforza o espírito de superación e valentía que caracteriza esta travesía que visibiliza o dano cerebral adquirido e o apoio á Asociación de Dano Cerebral de Santiago Compostela (Sarela), afectados e familiares”.

O presidente de Arousamán, Juan Ramón Martínez, falou da idea inicial alá polo 2015 de representar ou facer unha analoxía coa enfermidade, creando unha proba dura como é cruzar a ría de Arousa a nado: “Intentamos representar como durante 4 horas os nadadores están no mar pelexando coas adversidades que marca o propio entorno, as correntes, a temperatura e as condicións atmosféricas; pero tamén para entender como unha familia durante 24 horas ao día e 365 días ao ano tense que enfrontar a esa mesma situación”.

Martínez sinalou que a travesía contará nesta edición con representación de 12 comunidades autónomas e a presenza de nadadores internacionais procedentes de Países Baixos, Brasil e Portugal, “o que reforza a dimensión global que está a adquirir o arousamán e a arousawoman dentro do calendario de augas abertas”.

Finalizou salientando que a cita “é moito máis que unha proba deportiva: é un encontro entre o esforzo, o mar e a conciencia”.

Todo o beneficio recadado das doazóns, será íntegro para a asociación Sarela.

Como antesala, o 25 de xullo ás 19:00 h, celebrarase o encontro Falando entre ondas / Falando entre ondas no novo Auditorio de Ribeira (apertura de portas ás 18:30 h e entrada libre ata completar aforo). Será un espazo de reflexión co mar como inspiración, presentado pola nadadora olímpica e ribeirense María Vilas, onde se abordará o papel do deporte, a resiliencia e o compromiso co futuro e o dano cerebral baixo a pregunta: “E que máis podo facer?”

Relatores:

· Cristina Camacho, fotógrafa submarina en apnea. Tema: Berros do Azul

· Rafa Aledo, adestrador de natación de alto rendemento: Nas olimpíadas da Vida

· O ribeirense Humberto Ageitos, ultra-fondista e nutricionista. Tema: Composición corporal

· Nadadores da Asociación de Dano Cerebral de Santiago de Compostela.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.