Chile, a 1ª delegación do Pacífico en asistir a un Encontro de Embarcacións Tradicionais en Galicia (inaugurado este xoves en Ribeira)

17 Xullo 2025

Ao XVII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que se celebra en Ribeira até o domingo 20 de xullo, asiste por primeira vez unha delegación suramericana. Trátase dunha nutrida representación de carpinteiros de ribeira de Chile, comandada polo Servicio Nacional de Patrimonio Cultural do Goberno chileno, que chega a Galicia para presentar e compartir a súa cultura mariñeira.

O alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, como anfitrión e un dos tres organizadores do evento xunto con Culturmar e a Real e Ilustre Confraría da Dorna, organizoulles unha recepción oficial por tratarse da delegación que ven de máis lonxe, “o que supón un mérito excepcional”.

O rexedor salientou que o mar conecta moitas vilas e países e lembrou que Galicia sitúase “no centro do Atlántico. No medio entre Europa e América”. Aproveitou tamén a recepción para “abrir as portas da nosa casa coa esperanza de que este Encontro sirva para unir alianzas entre países e tradicións”.

Marco Tamayo foi o voceiro da delegación chilena. Tamayo, representante da carpintería de ribeira andina, explicou que para eles supón unha honra presentar neste Encontro “a nosa cultura marítima e estreitar os lazos con Galicia”. Os chilenos presentan a Ribeira unha embarcación típica do país, a

Chilota, que foi construída o ano pasado na Factoría Albaola, en Pasaia (Guipúscoa). Ademais do patrimonio marítimo, a delegación chilena presenta tamén no XVII Encontro a marraqueta, un pan típico do país que van elaborar en vivo e en directo.

Pola súa banda, o presidente de Culturmar, Xosé Luís Sacau, explicou que a expedición chilena é a primeira delegación do Pacífico que chega a Galicia para participar nun Encontro. “Máis alá da espectacularidade dos barcos que se poderán ver estes días en Ribeira, este Encontro é fundamental para axudar na transmisión de valores e patrimonio”, engadiu.

Na recepción oficial, o Concello de Ribeira obsequiou á delegación de Chile cunha copia da carta náutica que o xeógrafo galego Domingo Fontán elaborou no século XIX e cun libro sobre a vila de Corrubedo “para que levedes un anaquiño de nós para Chile”. Pola súa banda, a delegación andina entregou ao Goberno local unha réplica dunha embarcación prehispánica feita de rafia e elaborada de xeito totalmente artesanal.

Tras este acto institucional, os chilenos ofreceron no Pavillón do Patrimonio a conferencia titulada Experiencias de salvagarda da carpintaría de Ribeira en Chile, onde cinco carpinteiros de ribeira presentaron, no medio dunha gran expectación, a súa experiencia.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.