A área de Cultura do Concello de Noia que dirixe Pepe Pérez compartiu nas redes o cartaz da vixésimo sexta edición da Feira Medieval de Noia, que terá lugar nas rúas históricas da vila os días 18, 19 e 20 de xullo. Ao longo desta semana, o dito departamento irá achegando os detalles da programación que se desenvolverá polas rúas de Noia durante estes 3 días.
En termos xerais, porase o foco (novamente) en impulsar a artesanía local e galega. Haberá postos de artesanía e alimentación, ruadas musicais e teatrais, desfiles, torneos, exhibicións e exposicións.




