Domingo 13, aumento da nubosidade e precipitacións febles

12 Xullo 2025

O domingo Galicia estará baixo a influencia dunha fronte pouco activa que traerá consigo un aumento da nubosidade e precipitacións febles tipo orballo, principalmente no litoral atlántico. Estas precipitacións tenderán a diminuír a partir do mediodía na metade oeste da comunidade. Pola contra, na zona leste, os chuvascos serán máis probables durante a tarde e poderán presentarse de xeito ocasional.

As temperaturas mínimas manteranse sen cambios significativos, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro descenso. En canto aos ventos, soprarán frouxos de compoñente oeste, virando a norte durante a segunda metade do día.

meteogalicia

O noso mar: Vento do sur á mañá, do noroeste á tarde e do norte á noite, forza 3 a 4 á mañá, 2 a 3 á tarde e 2 a 4 á noite. Marusía á mañá e á noite e mar ovellado á tarde. Visibilidade regular. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0 a 1 metros á mañá e á tarde e 0.5 a 1.2 metros á noite.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.