O Concello de Lousame mostra á RAG as actividades de divulgación da figura de Diego Antonio Zernadas de Castro, o cura de Fruíme

12 Xullo 2025

O presidente da Real Academia Galega,o muradán Henrique Monteagudo, recibiu esta semana á alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, quen lle presentou o traballo realizado polo Concello de Lousame para a divulgación da figura e obra de Diego Antonio Zernadas de Castro, coñecido como o cura de Fruíme (1702-1777). Unha reunión á que a alcaldesa acudiu acompañada dos voceiros do grupo socialista, Juan José Prego, e nacionalista, Anxo Moledo, dando así cumprimento ao acordo chegado no pleno municipal de xuño de 2024.

Nesa sesión, o pleno lousamiá aprobara unha Declaración Institucional para propoñer a candidatura de Zernadas de Castro ao Día das Letras Galegas e acordara solicitar a reunión conxunta celebrada esta semana para presentar un informe sobre a figura do cura de Fruíme e a súa importancia como precursor do galeguismo, que lle foi entregado por Teresa Villaverde a Herique Monteagudo. “Quixemos estar presentes os representantes dos tres grupos municipais porque entendemos que esta é unha petición que reflicte o sentir de todo o pobo de Lousame e non só dun único grupo”, sinala Villaverde Pais.

Por iso, a rexedora e os edís interesáronse polo procedemento para facerlle chegar á Real Academia Galega unha proposta co obxectivo de que a institución lle renda homenaxe ao cura de Fruíme, dedicándolle o Día das Letras Galegas de 2027. “Presentamos un completo informe de todas as actividades que levamos feito para poñer en valor a figura de Zernadas e seguiremos traballando noutros proxectos, como a musicalización, produción e edición doutros dez poemas máis de Zernadas”, sinala Teresa Villaverde.

Zernadas 2027

Neste informe, titulado Zernadas 2027, o Concello de Lousame detalla o traballo realizado dende o ano 2005 para promover e divulgar a figura de Zernadas de Castro, así como as múltiples razóns que o fan merecedor de que se lle dedique un Día das Letras Galegas. Neste sentido, “nós propoñemos que se lle dedique a edición de 2027, coincidindo coa conmemoración dos 250 anos do seu pasamento”, apunta Teresa Villaverde.

O Concello de Lousame detalla neste informe Zernadas 2027 un total quince actuacións realizadas nestes últimos 20 anos:

  1. Homenaxes todos os Días das Letras Galegas no atrio da Igrexa de Fruíme, que inclúe ofrenda floral, lectura de poemas e actuacións musicais.
  2. Colaboración do CPI Cernadas de Castro, que teñen editado un poemario e un vídeo sobre a vida e obra do cura de Fruíme.
  3. Edición da obra literaria completa de Zernadas de Castro.
  4. Organización de conferencias sobre a figura do Cura de Fruíme impartida por personalidades como Carlos García Cortés, José Manuel Rivas Troitiño ou Xulio Pardo de Neyra.
  5. Edición de dous videopoemas a cargo da artista Esperanza Mara: A marquesa de Camarasa e Virxe das Dores.
  6. Exposición de escultura e pintura da man de artistas como Che Tembra, Alfonso Costa e Juan Fajardo.
  7. Elaboración dunha exposición itinerante sobre a vida e obra de Zernadas de Castro.
  8. Reedición da separata da Revista Lumieira, con texto de Carlos García Cortés, de cara ao centenario do cura de Fruíme.
  9. Musicalización de poemas de Zernadas de Castro a cargo do artista Xoán Curiel: Meu carballo, Ti estás cego e Meu Chipese.
  10. Organización da I Romaría Cultural, con música, teatro, obradoiros culturais e lectura de poemas para poñer en valor a figura de Zernadas de Castro.
  11. Colaboración coa Asociacion de Veciños Cernadas de Castro de Fruíme para promover novas actividades.
  12. Creacion dun logotipo que promova a candidatura de Zernadas no ano 2027 #zernadas27
  13. Organización dunha Andaina das Letras en Fruíme o pasado mes de maio.
  14. Produción dun pequeno sainete teatral sobre o Cura de Fruíme
  15. Inclusión da figura de Zernadas no cómic Os Bolechas en Lousame.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.