Outras dúas persoas de A Pobra e Santa Uxía condenadas por incumprir o confinamento

09 Abril 2020

O Xulgado de Instrución número 2 de Ribeira, en funcións de garda, condenou hoxe unha muller ao pagamento dunha multa de 480 euros como autora dun delito de desobediencia. A xuíza tivo en conta á hora de ditar a pena, coa que se mostrou conforme a sospeitosa, a agravante de reincidencia. A muller, que xa fora condenada o pasado 24 de marzo ao aboamento dunha multa de 240 euros por saír á vía pública durante o estado de alarma sen xustificación, volveu ser interceptada por axentes onte, 8 de abril, nun supermercado de Ribeira cando increpaba e molestaba aos clientes. Ese mesmo día saíu á rúa sen xustificación. Ademais, segundo a sentenza, estivo o 6 de abril nuns soportais, incumprindo a orde de confinamento. A xuíza indica na resolución que “non consta” que a acusada teña “traballo coñecido” e considera acreditada a súa dependencia ás drogas.

Un veciño da Pobra tamén aceptou hoxe pagar unha multa de 720 euros por cometer un delito continuado de desobediencia. A xuíza, que tivo en conta a agravante de reincidencia, sinala na resolución que o sospeitoso, a pesar de ser “plenamente consciente das prohibicións á liberdade de circulación” foi localizado por axentes na Pobra do Caramiñal en cinco ocasións, unha delas mentres pescaba. O condenado, segundo a sentenza, é drogodependente, carece de arraigamento e o seu modo de vida é o furtivismo. Ademais, ten numerosos antecedentes policiais.

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.