A vila de Portosín vai celebrar esta fin de semana o seu Mercado Artesán e Creativo, organizado por ONyVÁ coa colaboración do Concello de Porto do Son e a marca Azul de Portosín da Confraría de Pescadores San Andrés de Portosín. A cita será este domingo 13 de xullo en horario ininterrompido de 11.00 a 21.00 horas, coa praza do Curro como epicentro das actividades. Haberá postos de artesanía e marcas creativas, obradoiros de pintacaras para a rapazada (de 18.00 a 20.00 horas) e degustacións-demostracións gastronómicas a cargo de Chichalovers e as conservas de Azul de Portosín.




