Este venres, San Bieito patono de Europa, teremos unha nova xornada marcada pola inestabilidade atmosférica. Espéranse ceos con abundantes nubes baixas, especialmente na metade oeste da comunidade, mentres que no interior poderían producirse chuvascos localmente treboentos durante a tarde.
As brétemas faranse presentes ao longo de todo o día no litoral atlántico, reducindo a visibilidade e contribuíndo a un ambiente húmido e gris.
As temperaturas experimentarán un descenso xeneralizado, máis notable nas máximas, que baixarán de xeito acusado respecto aos días anteriores.
En canto ao vento, soprará frouxo do suroeste pola mañá, rolando a noroeste a medida que avance a tarde.

O noso mar; Vento variable á mañá e do noroeste á tarde e á noite, forza 1 a 3 á mañá e á noite e 2 a 3 á tarde. Mar ovellado. Visibilidade mala á mañá e á noite e regular á tarde. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros.



