
A corrupción é algo inherente ao propio ser humano e sempre existiu, coa prostitución sucede o mesmo, desde que o mundo é mundo. Ocorre con certa hipocrisía que hai xente e organizacións públicas e privadas que tratan de ocultar certas realidades, criticando aos demais cando eles tamén están dentro e participan de ambas as mafias.
En relación á prostitución, cantos pais ofrecen como agasallo de aniversario, aos seus fillos homes cando cumpren os 18 anos, a asistencia a un local de alterne. Cantos traballadores, aproveitando a súa estadía lonxe da súa familia, acoden a locais de prostitución? Cantos empresarios consomen prostitución, cando viaxan por negocios, acudindo a locais ou concertando servizos persoais?
En relación á corrupción, cantas empresas pesqueiras, construtoras, promotoras, inmobiliarias, etc., levaron sobres, con diñeiro en efectivo, a organismos públicos ou entidades oficiais para conseguir algún tipo de beneficio como a concesión de licenzas, un plan parcial urbanístico, un maior número de alturas no edificio vulnerando as normas urbanísticas ou o plan urbanístico? Non nos esquezamos tampouco da corrupción de moito particulares que interveñen na concesión de posto de traballo, temporal, por afinidade política ou familiar.
A prostitución e a corrupción sempre foron da man. Co paso do tempo e, nunha sociedade cada vez máis individualista, egocéntrica e narcicista está cada vez máis xeneralizada e moi poucos poden dicir que se atopan libres de pecado.


